A Aula CeMIT de Guitiriz organiza un curso de intelixencia artificial
![curso intelixencia artificial portada](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/2023/09/curso-intelixencia-artificial-portada.jpg)
A aula CeMIT de Guitiriz acolle o curso ‘A Intelixencia Artificial no día a día’, posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e que está dirixido especialmente a persoas maiores de 55 anos sen coñecementos previos en Intelixencia Artificial (IA).
A través deste curso farase unha introdución a conceptos básicos da Intelixencia Artificial mediante exemplos prácticos, e algunhas aplicacións da IA no día a día, co obxectivo de tratar as cuestións como que é a Intelixencia Artificial?: introdución ao concepto de IA e presentación de exemplos prácticos. Tratarán o día a día coas tecnoloxías intelixentes: presentación de aplicacións cotiás que empregan IA, vantaxes do emprego de IA no día a día, e a súa contribución á sociedade.
Tamén falarán da Intelixencia Artificial próxima: revisión de exemplos prácticos (predición de texto, tradutor instantáneo etc.) e do futuro da Intelixencia Artificial: posibles aplicacións futuras, principios éticos e revisión dos avances na regulación.
Prazo de inscrición aberto
A actividade conta con prazas limitadas, e terá dúas quendas, o día 23 de outubro e o 27 de novembro en horario de 11.00 horas a 12:30 horas. O prazo de inscrición estará aberto ata o 11 de outubro e realizarase a través da web ou ben enviando un correo electrónico a cemit.guitiriz@xunta.gal. Para máis información chamar ao teléfono 982.370.062.
![curso intelixencia artificial guitiriz](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/09/curso-intelixencia-artificial-guitiriz-200x283.jpg)