A Aula CeMIT de Guitiriz organiza un obradoiro presencial sobre as redes sociais e a seguridade

TerraChaXa
Está programada o vindeiro 11 de xuño a partir das 10:00 horas, coas inscricións para participar xa abertas
pantallas-redes-sociais-sen-filtros
5 Jun 2026

A Aula CeMIT de Guitiriz será escenario do obradoiro presencial Pantallas abertas: seguridade sen filtros, unha actividade formativa gratuíta dirixida a todas as persoas interesadas en comprender mellor o impacto das redes sociais e da tecnoloxía na vida cotiá.

A sesión desenvolverase na propia Aula CeMIT o vindeiro 11 de xuño a partir das 10:00 horas e permitirá ás persoas participantes coñecer que hai detrás das redes sociais, os riscos asociados á compartición de datos persoais, o impacto da desinformación nas nosas decisións e as claves para acompañar aos fillos e fillas nun uso responsable das ferramentas dixitais.

O programa inclúe a visualización dun documental e unha sesión formativa posterior na que se afondará nestas cuestións. Esta iniciativa pretende ofrecer recursos e coñecementos prácticos para afrontar con maior seguridade e criterio os desafíos que presenta o entorno dixital actual.

As inscricións xa están abertas e poden realizarse a través do correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal ou no teléfono 982 37 00 62, onde tamén se pode solicitar máis información.

0.12244701385498