A aula CeMIT de Guitiriz programou unhas charlas informativas

TerraChaXa
A Aula CeMIT de Guitiriz acollerá charlas de balde durante os meses de abril e maio. Seguirán este martes, para falar do Drive.
aula cemit guitiriz charlas portada
aula cemit guitiriz charlas portada
24 Abr 2023

A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz acollerá charlas de balde durante os meses de abril e maio. Así, deron comezo o pasado xoves cunha ponencia sobre aplicacións para animar as fotos e seguirán este martes, con outra co título Como traballar cos documentos na nube: Drive, que será de 10:30 a 11:30 horas.

As persoas interesadas pódense inscribir ata o día anterior a cada actividade de maneira presencial na Aula Cemit ou no 📞 606 32 55 97.

No mes de maio hai convocada outra sesión para falar de pago seguro por internet e paypal o día 4 de maio e o 9 será o certificado dixital o tema da sesión.

O día 11 continuarán as ponencias co título Consulta a túa información bancaria no caixeiro e rematarán o 18 co relatorio Primeiros pasos coa app móbil do banco. Todas estas charlas serán co mesmo horario de 10.30 a 11.30 horas.

aula cemit guitiriz charlas
0.18398404121399