A Aula Cemit estará aberta para a veciñanza pontesa

TerraChaXa
Estará a dispor desde o 8 ao 31 de xullo, ambos incluídos, e de 09:30 a 14:00 horas
portas-abertas-aula-cemit-as-pontes
Cartel
8 Xul 2024

A Aula Cemit, situada na Casa Dopeso das Pontes, estará aberta desde o 8 ao 31 de xullo, ambos incluídos, e de 09:30 a 14:00 horas para toda a poboación.

Así, calquera veciña ou veciño que o precise, pode usar os equipos da aula e resolver calquera dúbida relacionada coas novas tecnoloxías, co uso do pc, do móbil ou do certificado dixital, entre outras.

Para todo aquel que queira máis información, pode chamar ao teléfono 670 892 227 ou pórse en contacto a través do correo cemit.aspontes@xunta.gal

0.19304203987122