A Balsa e Casateita celebran as súas festas esta fin de semana en Muras

TerraChaXa
O domingo ao medio día terán lugar as tradicionais poxas na segunda das localidades
banderines-festas-patronais
2 Oct 2026

As localidades da Balsa e Casateita, no municipio de Muras, celebrarán esta fin de semana as súas festas na honra da Virxe do Rosario, con actos relixiosos, sesións vermú e actuacións musicais.

Na Balsa, as celebracións desenvolveranse sábado e domingo. O primeiro día, ás 13.30 horas, terá lugar a misa solemne con procesión, seguida dunha sesión vermú amenizada polo Grupo Ritmo. Pola noite, a festa continuará cunha verbena na que actuarán Ritmo e Los Players.

O domingo, tamén ás 13.30 horas, celebrarase a misa solemne con procesión e sesión vermú, nesta ocasión a cargo do Trío Rosel. A organización anuncia ademais un campo cuberto con carpa para facilitar o desenvolvemento das celebracións.

En Casateita, as festas tamén se prolongarán durante os dous días. O sábado comezará coa misa ás 12.30 horas e unha sesión vermú co Dúo Charada. A continuación celebrarase un xantar, a base de empanada, callos e codillo, para o que se estableceu un prezo de 30 euros para adultos e de 16 euros para menores de 16 anos, mentres que os menores de 8 anos poderán acudir de balde.

Pola tarde e noite, a programación continuará coa actuación do Dúo Charada e do solista Álex Show. O domingo, ás 13.00 horas, terá lugar a misa, seguida dunha sesión vermú co grupo Estrellas. Nesta sesión terán lugar as tradicionais poxas.

 

0.14697313308716