A Biblioteca Ángel Basanta de Pastoriza fixo entrega dos premios aos gañadores do II Concurso de Tautogramas

TerraChaXa
O xurado estivo composto por profesionais do ámbito educativo e cultural, entre eles representantes de centros de ensino da zona e persoal da propia biblioteca
entrega-de-premios-concurso-tautogramas
23 Apr 2026

A Biblioteca Municipal Ángel Basanta, no concello de Pastoriza, fixo entrega dos premios aos gañadores do II Concurso de Tautogramas, correspondente á edición de 2026, unha iniciativa dirixida á participación do alumnado e que busca fomentar a creatividade literaria entre a mocidade.

O xurado estivo composto por profesionais do ámbito educativo e cultural, entre eles representantes de centros de ensino da zona e persoal da propia biblioteca.

Na categoría A, o primeiro premio foi para Aroa Iglesia Iglesias, mentres que o segundo posto recaeu en Hugo Martínez Martínez e o terceiro en Arwa Oussiad. Ademais, o xurado decidiu outorgar un accésit a Manal Noin Khachane, recoñecendo tamén a calidade do seu traballo.

Pola súa banda, na categoría B, o primeiro premio foi para Xiana Veiga Rigueiro, seguida de Xiana Martínez Martínez, que acadou o segundo posto.

0.11237692832947