A biblioteca das Pontes convoca un concurso de marcapáxinas

TerraChaXa
O Concello das Pontes, a través da Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco convoca un concurso de deseño de marcapáxinas.
CONCURSO MARCAPAXINAS BIBLIOTECA AS PONTES PORTADA
CONCURSO MARCAPAXINAS BIBLIOTECA AS PONTES PORTADA
15 mar 2023

O Concello das Pontes, a través da Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco convoca un concurso de deseño de marcapáxinas.

Baixo a temática Debúxame un conto establécense tres categorías segundo tramos de idade (de 0 a 4 anos, de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos) e as crianzas deberán presentar obras orixinais sobre o mundo dos libros, a unha soa cara, empregando como soporte o modelo que mañá estará a disposición das persoas interesadas nas instalacións da Biblioteca Municipal.

As obras participantes deberán presentarse na Biblioteca Municipal, asignarase un número de orde de entrada a cada obra e só se admitirá un orixinal por persoas autoras.

As obras deberán entregarse, ata o 15 de abril, nun sobre pechado, indicando no mesmo “Concurso de Marcapáxinas da Biblioteca Municipal”, a categoría na que se participa (1ª, 2ª ou 3ª) e os datos persoais da persoa autora (nome, apelidos, idade e teléfono).

Un xurado, composto por persoal da Biblioteca do Concello das Pontes, así como unha persoa profesional do deseño gráfico, seleccionarán o traballo gañador de cada categoría atendendo a criterios de calidade, creatividade e orixinalidade das obras.

O fallo darase a coñecer o 20 de abril e as persoas gañadoras recibirán lotes de libros e pinturas e imprimiranse as obras obras gañadoras en forma de marcapáxinas. As obras participantes no concurso poderanse ver nunha exposición na Biblioteca.

CONCURSO MARCAPAXINAS BIBLIOTECA AS PONTES