A biblioteca de Xermade organiza un contacontos e muda o seu horario

TerraChaXa
A biblioteca de Xermade cambia o seu horario desde hoxe, 1 de marzo, para ter aberto pola mañá e pola tarde e organiza un contacontos
contacontos dia da muller biblioteca xermade portada
contacontos dia da muller biblioteca xermade portada
1 mar 2023

A biblioteca de Xermade cambia o seu horario desde hoxe, 1 de marzo, para ter aberto pola mañá e pola tarde.

O horario a partir de agora será de 11.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 18.00, aproveitando a incorporación dun novo traballador ao centro.

Así mesmo, a bilioteca contará cunha sesión de contacontos aproveitando a celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo.

Trátase do contacontos A carteira de Augasclaras, relatado por Carmen Domech de Títeres Brincadeira. Será o 9 de marzo ás 18.00 horas dirixido espacialmente a pequenos de entre 4 e 11 anos.

A entrada será libre ata completar aforo.

contacontos dia da muller biblioteca xermade