A Biblioteca de Xermade organiza un obradoiro creativo de collage e origami para nenos e nenas

TerraChaXa
As prazas deberán reservarse previamente e as inscricións estarán abertas ata o mércores 7 de outubro na propia biblioteca
origami-biblioteca-xermade
6 Oct 2026

A Biblioteca Municipal de Xermade acollerá o vindeiro 9 de outubro, ás 17.30 horas, a actividade A volta ao mundo en papel, un obradoiro creativo dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 8 anos.

A proposta forma parte do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia, e terá como protagonistas os máis pequenos, que poderán achegarse a libros e historias doutros países e culturas.

Durante a actividade, os participantes porán á proba a súa creatividade mediante técnicas de collage e origami, nun obradoiro pensado para experimentar co papel, crear, imaxinar e descubrir novas historias mentres coñecen outras culturas. A sesión será impartida por Slowly Atelier.

A actividade terá lugar na Biblioteca Municipal de Xermade e as prazas deberán reservarse previamente. As inscricións estarán abertas ata o mércores 7 de outubro na propia biblioteca.

A iniciativa busca fomentar a lectura e a creatividade infantil a través dunha proposta lúdica que combina literatura e expresión artística.

0.15126800537109