A biblioteca de Xermade traerá dúas actividades para os pequenos da vila

TerraChaXa
Unha será ás 11.00 para nenos de 3 a anos e a outro, ás 12.00 para os que teñen de 7 a 12
actividade-nenos-xermade-lecer-consumo
Cartel
3 Xul 2024

A iniciativa da Biblioteca municipal de Xermade Veráns de Lecer Consumo traerá o xoves, 4 de xullo, dúas actividades para que desfruten os máis mozos da localidade.

A primeira delas terá lugar ás 11.00 horas e poderán participar os nenos de entre 3 e seis 6. Consiste na narración dun conto animado para promover un consumo responsable e un lecer activo, traballando ademais os xoguetes seguros e sen riscos. Finaliza coa fabricación polos nenos e nenas dunha bolboreta, presente no conto.

A segunda delas, que terá lugar ás 12.00 horas, é idónea para os nenos de entre 7 e 12 anos e consiste na realización dunha xincana onde os grupos teñen que superar diferentes probas nas que se traballan cuestión relacionadas co consumo responsable. Finaliza co deseño e realización dun cartel sobre o consumo responsable e sostible (hábitos de compra, obsolescencia programada, as 3R, reducir o consumo de auga e enerxía…)

A iniciativa Verán de Lecer Consumo complementa o conxunto de actividades formativas e divulgativas postas a disposición da cidadanía pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

A educación en materia de consumo permite reducir os riscos de vulnerabilidade das persoas consumidoras e de acadar unha sociedade formada por consumidores conscientes, solidarios e responsables, comprometidos coa súa contorna, coñecedores dos seus dereitos e activos para defendelos.

0.20443296432495