A Biblioteca Municipal de Guitiriz selecciona as dez persoas gañadoras do trivial cultural e literario

TerraChaXa
A iniciativa organizouse con motivo do Día das Bibliotecas 2026 e os premios consisten en soportes para libros que facilitan a lectura
ganadores-trivial-cultural-guitiriz
5 Nov 2026

A Biblioteca Municipal de Guitiriz xa seleccionou as dez persoas gañadoras do trivial cultural e literario Entre libros anda o xogo, unha iniciativa coa que se conmemorou o Día das Bibliotecas 2026.

Óscar, técnico da aula CeMIT, foi o encargado de realizar o sorteo das participacións premiadas, que recibirán un dos dez soportes para libros preparados pola organización. Estes agasallos están pensados para facilitar a lectura e permitir gozar dela con maior comodidade.

As persoas premiadas son Pilar Beres, Marina, Conchita, Alejandro, Margarita Rodríguez, María José Sánchez, Kevin Guizán, Daniel Regueiro, Ana María Montouto e Pilar Bellón.

Desde a Biblioteca Municipal de Guitiriz trasladaron os seus parabéns ás persoas gañadoras e agradeceron a participación de todas as persoas que se sumaron a esta proposta, contribuíndo a celebrar a lectura e a cultura.

0.14162182807922