A Biblioteca Municipal de Pastoriza dá a coñecer os premiados do certame Letras Galegas 2026

A Biblioteca Municipal de Pastoriza fixo pública a acta do certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2026, organizado pola Biblioteca Municipal Ángel Basanta con motivo da celebración das Letras Galegas.
O xurado reuniuse o pasado 15 de maio e estivo composto por Matilde Arrizado Yáñez, profesora de Educación Plástica e Audiovisual no IES Fonmiñá; Vanesa Ustiano Díaz, mestra do CEIP O Salvador de Pastoriza; Alicia Lombardía Méndez, directora do CEIP de Bretoña; Marcos García Lombardero, tenente de alcalde do Concello de Pastoriza; e María López Prado, bibliotecaria, que actuou como secretaria do xurado.
Na modalidade de debuxo, na categoría A, ata 8 anos, o primeiro premio foi para Arwa Oussaid, o segundo para Luz Castro Legaspi e o terceiro para Brais Gallego Darriba.
Na categoría B, de 9 a 11 anos, a gañadora foi Laia Rosales Moreiras, seguida de Icía Veres Iglesias e Erea Méndez García. Ademais, o xurado concedeu un accésit a Tiago Falcón García.
Na categoría C, de 12 a 16 anos, o primeiro premio recaeu en Ares González Fernández, o segundo en Zaida García Seco e o terceiro en Violeta Lema Prado. Tamén recibiron accésit Alma Nieto Alvariño e Antía Díaz Corbelle.
Na modalidade de narración, na categoría A, ata 8 anos, Lois Iglesia Iglesia acadou o primeiro premio, mentres que Diego Rodríguez Valle foi segundo e Nerea Corbelle Díaz terceira.
Na categoría B, de 9 a 11 anos, Hugo Martínez Martínez conseguiu o primeiro premio, Joel Freire Mourelle o segundo e Mía Vázquez Goyos o terceiro. O accésit foi para Aroa Iglesia Iglesias.
Por último, na categoría C, de 12 a 16 anos, o primeiro premio foi para Sergio Rodríguez Valle e o segundo para Xiana Martínez Martínez.
O certame volveu reunir a numerosos participantes do municipio e da contorna, consolidándose como unha das actividades culturais e educativas destacadas arredor da celebración das Letras Galegas en Pastoriza.
Os gañadores poderán participar na fase final, que organiza a Biblioteca Provincial Nodal.