A Biblioteca Municipal de Vilalba permanecerá pechada do 16 ao 22 de setembro

TerraChaXa
As devolucións de libros e outros materiais poderán realizarse no buzón habilitado xunto á porta principal do centro
BIBLIOTECA-MUNICIPAL-vilalba
16 Sep 2026

A Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz de Vilalba permanecerá pechada desde este mércores, 16 de setembro, ata o vindeiro martes, 22 de setembro, ambos os dous días incluídos, segundo informou o Concello de Vilalba.

O peche será puntual e non afectará ás aulas de estudo, que permanecerán abertas durante este período para que as persoas usuarias poidan continuar facendo uso delas con normalidade.

A biblioteca reabrirá o mércores 23 de setembro no seu horario habitual de inverno, de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 19:30 horas.

Durante os días de peche, as devolucións de libros e outros materiais poderán realizarse no buzón habilitado xunto á porta principal da biblioteca. Ademais, o Concello informou de que non se aplicará ningunha sanción polos préstamos que superen o prazo de devolución durante este período.

O Concello de Vilalba pediu desculpas polas molestias que este peche puntual poida ocasionar e agradeceu a comprensión da veciñanza.

0.65255784988403