A Biblioteca Rivera Rouco das Pontes remata este venres as tres presentacións de libros previstas

TerraChaXa | FerrolXa
O ciclo péchase o venres, 2 de outubro, coa presentación de 'O xigante das Pontes: o fin dunha era: escombros con nome de muller', de Anxo Vidal Rivas
presentacions-libros-biblioteca-as-pontes
1 Oct 2026

A Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco das Pontes remata este venres coas tres presentacións de libros previstas despois do verán e que achegan ao público diferentes xéneros e temáticas. As citas desenvólvense ás 20.00 horas e estiveron protagonizadas por María Timiraos e Manuel Monge, sendo agora a quenda de Anxo Vidal.

A primeira presentación tivo lugar o xoves, 17 de setembro, e estivo dedicada á obra No me rompí del todo: las partes que quedaron en silencio, de María Timiraos, un libro encadrado no xénero da superación persoal.

O 25 de setembro foi a quenda de Manuel Monge, que presentou Usted debería saber. La historia secuestrada de la monarquía. 90 años con Franco, unha obra de ensaio centrada na historia da monarquía e no período franquista.

O ciclo péchase o venres, 2 de outubro, coa presentación de O xigante das Pontes: o fin dunha era: escombros con nome de muller, de Anxo Vidal Rivas, unha obra de ficción vinculada á historia das Pontes.

Na sinopse, Aldán chega ao colexio Pardo Bazán de As Pontes como profesor substituto de Tecnoloxía. O que atopa non é só un centro en decadencia, senón unha estrutura sostida por silencios, atrasos e decisións que ninguén cuestiona xa.

Desde dentro, día a día, Aldán enfróntase a un conflito constante: cumprir coa legalidade… ou adaptarse á realidade. Mentres os alumnos seguen entrando cada mañá coma se nada pasase, o centro avanza cara ao seu final sen ruído, sen titulares, sen explicacións.

As tres actividades terán como escenario a Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco das Pontes, dentro da programación cultural impulsada polo Concello e a propia biblioteca.

0.15901899337769