A Casa da Cultura da Pastoriza acolle unha sesión de cine o martes 16

TerraChaXa
A Casa da Cultura da Pastoriza acolle unha sesión de cine o martes 16 con dous pases da premiada película As Bestas
Cine a Pastoriza portada
14 May 2023

A Casa da Cultura da Pastoriza acolle unha sesión de cine o martes 16 de maio na que se proxectará o filme As Bestas.

A proxección da película contará con dous pases, o primeiro será ás 19.30 e o seguinte ás 22.00.

Para realizar a reserva de entradas é necesario chamar ao 982 33 21 97.

As Bestas conta a historia de Antoine e Olga, unha parella francesa que se instalou hai tempo nunha aldea do interior de Galicia. Alí levan unha vida tranquila, aínda que a súa convivencia cos aldeáns non é tan idílica como desexarían. Un conflito cos seus veciños, os irmáns Anta, fará que a tensión creza na aldea ata alcanzar un punto de non retorno.

Dirixida por Rodrigo Sorogoyen a película triunfou nos Premios Goya con nove galardóns entre os que se atopan mellor película, dirección ou actor protagonista.

Ademais dos Goya está película conta tamén con outros premios como o César a mellor película ou o Premio Platino a mellor dirección.

Cine a Pastoriza
0.16865015029907