A Casa da Cultura de Cospeito contará o xoves cun obradoiro de solo pélvico

TerraChaXa
O programa tamén abordará patoloxías asociadas, a debilidade muscular e os efectos de factores externos como a tose crónica ou o estrinximento
curso-solo-pelvico-a-feira-do-monte
13 Apr 2026

Co obxectivo de promover o benestar e o coñecemento sobre a saúde integral, a Casa da Cultura da Feira do Monte, en Cospeito, acollerá o vindeiro xoves 16 de abril un completo obradoiro de solo pélvico.

Esta actividade, que será totalmente de balde, desenvolverase en horario de tarde, dende as 16:30 ata as 20:00 horas, e contará con Cristina Ouro Núñez, matrona no Complexo Hospitalario de Lugo, como instrutora.

Durante a sesión, os asistentes poderán profundizar en aspectos clave como a anatomía e as funcións do solo pélvico, así como as repercusións que teñen sobre el o embarazo, a práctica de deportes hiperpresivos ou o impacto dos exercicios abdominais mal executados. O programa tamén abordará patoloxías asociadas, a debilidade muscular e os efectos de factores externos como a tose crónica ou o estrinximento.

As persoas interesadas xa poden formalizar a súa inscrición para asegurar a súa praza nesta xornada formativa esencial para a calidade de vida.

0.12391519546509