A Casa da Cultura de Meira acolle este sábado a representación teatral de 'A herencia de Xoana'

TerraChaXa
A obra é unha comedia costumista galega que xira arredor do sorprendente testamento que deixa unha anciá tras pasar os seus últimos días nunha residencia
telon-teatro-recurso
13 Nov 2026

A Casa da Cultura de Meira acollerá este sábado, 14 de novembro, ás 20.00 horas, a representación de A herencia de Xoana, a cargo do Grupo Teatral Caxiga. A función enmárcase dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado e Profesional 2026 e estará aberta a todos os públicos, con entrada libre e gratuíta.

A obra é unha comedia costumista galega que xira arredor do sorprendente testamento que deixa unha anciá tras pasar os seus últimos días nunha residencia. A partir deste punto de partida, a compañía propón unha historia con situacións humorísticas e elementos propios da vida cotiá galega.

A representación ofrece así unha nova oportunidade para achegarse ao teatro galego e gozar dunha proposta escénica para todos os públicos.

0.15046095848083