A Casa da Cultura de Vilalba estrea nova cuberta tras anos de problemas de filtracións

TerraChaXa
A actuación foi posible grazas a un convenio coa Deputación de Lugo que permitiu financiar o 80% do custo dos traballos
obras-casa-da-cultura-vilalba
22 Aug 2026

A Casa da Cultura de Vilalba conta xa cunha nova cuberta despois dunha actuación integral destinada a poñer fin aos problemas recorrentes de filtracións de auga que afectaban ao edificio desde hai anos.

A intervención permitiu renovar completamente a cuberta e incluíu a instalación dunha nova cuberta de zinc, así como a substitución de baixantes, canlóns e lucernarios. Os traballos completáronse con melloras no alumeado, no saneamento e no illamento térmico do inmoble.

Segundo informou o Concello de Vilalba, a actuación foi posible grazas a un convenio coa Deputación de Lugo que permitiu financiar o 80% do custo dos traballos. O obxectivo é mellorar as condicións dun espazo público de uso habitual ao longo de todo o ano.

As imaxes difundidas polo Concello permiten comprobar o estado que presentaba anteriormente parte da estrutura da cuberta, con elementos deteriorados e signos evidentes de corrosión e humidades, fronte ao resultado tras a renovación.

Desde o Goberno local sinalan que a actuación forma parte do traballo de análise e mellora das infraestruturas municipais, coa procura de financiamento para solucionar as deficiencias detectadas nos distintos espazos públicos de Vilalba.

0.14513397216797