A casa da cultura do Vicedo acolle a obra 'A festa dos monicreques'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A casa da cultura do Vicedo acolle a obra A festa dos monicreques o xove 1 de outubro.
69518383_424885571467480_1551707624607580160_n
29 sep 2020

A casa da cultura do Vicedo acolle a obra A festa dos monicreques o xove 1 de outubro.

Larraitz Urruzola presenta ás 16.30 horas este espectáculo que falará das investigación da As Morreu o Demo e con títeres contará a historia de Dona Barriga Verde unha pícara pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo.

Por outra banda, o sábado 3 ás 20 horas volve o teatro profesional ó Vicedo, nesta ocasión Expresión Produccións presenta Que é o que preciso?. Unha divertida obra para todos os públicos.

A entrada é gratuita nos dous espectáculos e respectaranse escrupulosamente as normas de prevención frente ao COVID-19. Así, as butacas están numeradas e serán asignadas a cada persoa para garantizar as distancias de seguridade, asimesmo, ordenarase a entrada e saída do salón de actos para garantizar que non haxa aglomeracións e será obrigatorio o uso de máscara durante todo o espectáculo

0.065643072128296