A Casa das Insuas acolle este domingo un obradoiro de marmelada

LugoXa | TerraChaXa
O rango de idade para participar é de nenas e nenos de 7 a 15 anos
obradoiro-de-marmelada-casa-das-insuas
19 sep 2024

Para animar un pouco á volta ao cole, e en resposta ás peticións das familias dos asistentes á Insuaescola, a Casa das Insuas acollerá un obradoiro para elaborar marmelada caseira que terá lugar este domingo, 22 de setembro.

O rango de idade para participar é de nenas e nenos de 7 a 15 anos e o horario previsto é de 11.00 a 13.30 horas. Recollerase a froita, farase unha pequena ruta e elaborarase a marmelada.

O obxectivo é fomentar o consumo responsable de produtos de proximidade, ao tempo que se pasa un rato agradable mentres fan marmelada. Deste modo foméntase a creatividade na cociña, conciénciase sobre o impacto da alimentación nos ecosistemas e créase un espazo de aprendizaxe e intercambio.

Máis información e inscricións no correo: casadasinsuas@gmail.com

0.14134883880615