A Casa do Mel de Goente convoca as Xornadas Apícolas do Eume na Feira do Mel

GaliciaXa | TerraChaXa | FerrolXa
Terán lugar o 9 e 10 de outubro na Casa do Mel de Goente, coincididno coa XVI Feira do Queixo e do Mel, prevista para o día 11 na mesma localidade
xornadas-do-mel-goente
5 Oct 2026

As Pontes converterase de novo no epicentro da apicultura galega coa celebración das XXVII Xornadas Apícolas do Eume, que terán lugar o 9 e 10 de outubro na Casa do Mel de Goente, e coa XVI Feira do Queixo e do Mel, prevista para o día 11 na mesma localidade.

A programación abrirase o día 9 ás 16. 00 horas cunha sesión práctica sobre o uso do kit Vespa Finder para a localización de niños de velutina, impartida por Abel Kavanagh, representante de Robor Nature España. Para participar nesta actividade é necesario realizar unha inscrición previa a través do formulario habilitado pola Xunta de Galicia.

O sábado 10 de outubro a programación comezará ás 10.30 horas cunha nova sesión sobre o uso do kit Vespa Finder para a localización de niños de velutina, tamén a cargo de Abel Kavanagh.
Ás 11.30 horas será a quenda da charla sobre a aplicación das axudas públicas na apicultura, impartida por Alejandro Martínez Verez, xefe da sección OAC das Pontes. A continuación, ás 12.00 horas, Umberto Moreno, zootecnista e máster en xenética apícola con máis de 30 anos de experiencia profesional no sector, ofrecerá a conferencia titulada «Xenética apícola: como interpretar o que vemos na colmea».

Tras o xantar, ás 16.00 horas, Iria Bellas, veterinaria da Casa do Mel, abordará as novidades en sanidade apícola e os cambios normativos no sector. Ás 16.30 horas presentaranse os resultados do Plan Apícola 2025 2026 e os resultados do Grupo Operativo Panega, nunha intervención a cargo de Iago Vilela, técnico da Casa do Mel.

A programación continuará ás 17.00 horas coa charla «A Casa do Mel como entidade de asesoramento: axudas e subvencións para o sector apícola», impartida por Susana Trastoy, enxeñeira técnica agrícola.

Para rematar a xornada, ás 17.30 horas, Umberto Moreno falará sobre a varroa e o seu manexo estratéxico, abordando a problemática desde a bioloxía ata a xestión das colmeas.

As xornadas concluirán o domingo 11 coa celebración da XVI Feira do Queixo e do Mel, que completará un programa dedicado á divulgación e promoción da actividade apícola e dos produtos do sector.

Para obter máis información pódese contactar coa Casa do Mel no teléfono 661 003 616 ou no enderezo electrónico casadomel@vodafone.es. Para participar no xantar do sábado será necesario realizar a inscrición na Casa do Mel hoxe, luns, como último día.

0.14636516571045