A Casa Escola Habanera de Goiriz acollerá unha charla sobre a familia Sanjurjo en Cuba

TerraChaXa
O relatorio correrá a cargo de Lian Roque Roque, profesor licenciado en Filosofía-Historia pola Universidade de Cienfuegos
charla-sobre-cuba-en-goiriz
22 May 2026

A Casa Escola Habanera de Goiriz será escenario este sábado, 23 de maio, ás 20.00 horas, dunha charla-conferencia centrada na importancia da familia Sanjurjo en Cuba e na súa influencia en distintos ámbitos políticos, deportivos e sociais.

O relatorio correrá a cargo de Lian Roque Roque, profesor licenciado en Filosofía-Historia pola Universidade de Cienfuegos, en Cuba. Durante a intervención abordaranse diferentes aspectos relacionados coa pegada da familia Sanjurjo no país caribeño, así como outros asuntos vinculados á súa relevancia histórica e social.

O acto estará presentado por Valentín Sanjurjo e contará coa colaboración da Liga Santaballesa, da familia Sanjurjo de Goiriz e da Asociación de Veciños de Goiriz.

A actividade desenvolverase na Casa Escola Habanera de Goiriz e está aberta á participación do público interesado nesta temática histórica e cultural.

0.11801981925964