A casa museo de Manuel María organiza este domingo unha andaina por Taboi

TerraChaXa | LugoXa
Este domingo, 11 de xuño, a Casa-Museo Manuel María organiza unha camiñada pola parroquia de Taboi, en Outeiro de Rei.
Muino de Guevara taboi outeiro de rei
7 Jun 2023

Este domingo, 11 de xuño, a Casa-Museo Manuel María organiza unha camiñada pola parroquia de Taboi (na estrema norte do concello de Outeiro de Rei) en que o patrimonio, a natureza e a poesía de Manuel María serán os protagonistas do itinerario que guiarán o biólogo e ornitólogo Cosme Damián Romay e o divulgador do patrimonio chairego Orlando Viveiro.

Paisaxes sombrizas de carballeiras seculares acompañarán os participantes do roteiro ao mesmo tempo que escoitarán os sons do vento, da auga e de abondosos paxaros, aos cales porán nome. Camiños antigos que mostrarán mundos diversos, oficios e saberes de canteiros, ferreiros, carpinteiros, muiñeiros e tamén a cultura e o patrimonio da auga, no presente en grave risco de perda definitiva. A madorra de San Marcos, os muíños de Guevara, a pontella da Ínsua do Maiordomo e mesmo a Torre do Bordón serán algúns dos espazos que se poderán desfrutar entre fermosos versos de Manuel María e relatos enfiados durante a camiñada.

A ruta ten dificultade baixa e unha distancia, aproximadamente, de oito quilómetros. O punto de encontro de todas aquelas persoas que queira participar (a actividade é gratuíta) será a Casa-Museo Manuel María, ás 10 horas da mañá do domingo. Desde alí, os participantes desprazaranse, en automóbeis particulares, ao inicio do percurso. Para participar na ruta é necesario anotarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17008590698242