A Casa-Museo Manuel María acolle, este sábado, o concerto 'A voz do vento', con Fran Amil e Moncho do Orzán

LugoXa | TerraChaXa
A actuación ten orixe nun traballo musical baseado en poemas de Manuel María
a-voz-do-vento
11 Nov 2026

A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, 14 de novembro, ás 20 horas, o concerto A voz do vento, dos músicos coruñeses Fran Amil e Moncho do Orzán, baseado en poemas de Manuel María.

O concerto leva o mesmo nome dun traballo musical que hai dez anos creou o propio Fran Amil, e que foi editado pola Mesa pola Normalización Lingüística, con ocasión da homenaxe que no Ano das Letras se lle facía Manuel María.

Fran Amil, Aarón Bouzón, Paco Cerdeira e Richi Casás, a Tribo Incomprensíbel, xunto ás voces de Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belém Tajes, O Leo, Mj Pérez e Xosé Antón Bocixa, musicalizaron en 2016 once poemas de Manuel María. Poemas tirados dos seus libros Terra Chá, Proba documental, Aldraxe contra a xistra, Cantos rodados para alleados e colonizados, Versos do lume e o vagalume, A luz resucitada, As lúcidas lúas de outono e Sonetos á Casa de Hortas.

Este sábado, con acceso gratuíto previa reserva (contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621), Fran Amil e Moncho do Orzán pretenden lembrar este traballo e achegar a poesía de Manuel María ao público adulto nun traballo onde se mestura rock, folk, blues e pop.

0.16476011276245