A Casilla, nas Pontes, acollerá unha quedada lañeira este domingo

A localidade da Casilla, no concello das Pontes, acollerá este domingo 11 unha quedada lañeira, unha iniciativa pensada para reunir persoas afeccionadas á calceta e ao traballo con la nunha tarde de convivencia, aprendizaxe e intercambio de experiencias.
O encontro desenvolverase entre as 16.00 e as 19.00 horas e busca crear un espazo no que compartir a afección por tecer, ao tempo que se establecen novas amizades e se amplían coñecementos arredor desta actividade artesanal.
A organización destaca os beneficios de tecer, non só como unha forma de creatividade e entretemento, senón tamén como unha actividade que favorece a memoria e as relacións sociais. Por iso, anima as persoas participantes a coller as súas agullas e achegarse a A Casilla para gozar dunha tarde diferente en compañía doutras persoas afeccionadas.
As persoas que desexen participar poden formalizar a súa inscrición ou solicitar máis información contactando con Vero, no teléfono 658 961 505, ou con Tania, no 660 666 186.