A Castronela, en Friol, celebra este último domingo de agosto unha malla

LugoXa | TerraChaXa
A primeira tivo lugar antes da pandemia e o obxectivo é continuar no tempo con ela
malla-castronela-2026
27 Aug 2026

A asociación A Castronela de Friol xa ten todo preparado para facer á sexta edición da Malla, que terá lugar este domingo 30 a partir das 11.00 horas no Castro Friulio (ao carón das piscinas municipais).

Este é un proxecto conxunto da asociación Castronela, da comunidade de montes de Anafreita e do Concello de Friol, no que se trata de recuperar unha tradición tan arraigada na cultura galega. A primeira malla tivo lugar antes da pandemia e o obxectivo é continuar no tempo con ela.

0.14476490020752