A CIG reclama hoxe nunha manifestación garantías de continuidade no emprego nas Pontes

TerraChaXa
Sairá ás 20.00 horas da praza do Carme
concentracion-as-pontes
Cartel
13 Xuño 2024

"A reunión da Mesa para o impulso da actividade económica das Pontes rematou con máis incertezas que seguridades, ao non garantirse a continuidade no emprego de todo o persoal das auxiliares nin as condicións de traballo que se lle van ofrecer nas tarefas de desmantelamento da central térmica". Con esta alegación, a CIG chama a participar na mobilización convocada para este xoves, 13 de xuño, ás 20 horas na Praza do Carme, en demanda dunha transición xusta, emprego e futuro industrial para As Pontes.

No encontro, que as centrais sindicais levaban meses demandando "ante os reiterados incumprimentos dos acordos, Endesa sinalou que, cando menos, até dentro de dez días non decidirá a que a empresa lle vai adxudicar as tarefas de desmantelamento. Se a isto lle engadimos que a licenza de obra non está concedida, e o tempo do proceso de selección, contratación do persoal e creación do novo centro de traballo, a realidade é que pasarán meses até que os traballadores e traballadoras da auxiliares se incorporen ás obras de desmantelamento", din.

Este persoal, lembra o secretario nacional de CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas Aboi, irá ao paro o próximo venres "incumpríndose así novamente o compromiso de continuidade do emprego e a promesa dunha transición xusta; de que este proceso non se faría a conta das prestacións do paro do persoal".

 

0.18440914154053