A comisión da Moexmu pecha a feira co balance e prepárase para a Festa da Filloa

TerraChaXa

A comisión organizadora da Moexmu 2024, prepara estes días, en colaboración co persoal do Concello de Cospeito o Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta, despois do fin de semana da Moexmu, para adecualo xa para a celebración da XXXIII Festa da Filloa de Muimenta.

moexmu 2024 23
moexmu 2024 23
13 abr 2024

A comisión organizadora da Moexmu 2024, prepara estes días, en colaboración co persoal do Concello de Cospeito o Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta, despois do fin de semana da Moexmu, para adecualo xa para a celebración da XXXIII Festa da Filloa de Muimenta.

A comisión organizadora da cita agrícola agradeceu a todos os expositores (artesanía, maquinaria, etc.) e ás ganderías participantes a súa presenza e o seu compromiso coa Moexmu, e tamén a todos os colaboradores, tanto públicos (Concello de Cospeito, Deputación Provincial, Xunta de Galicia e USC), e privados.

E por suposto, ao Grupo Aresa: a Moexmu foi galardoada co XXIV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, que foi recollido o pasado primeiro de marzo na Facultade de Veterinaria.

Abriu este agradecemento aos visitantes que durante os días 5, 6 e 7 de abril, acudiron ao Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta, en onde, ata o bo tempo quixo ser partícipe da corenta edición desta feira decana.

"Queremos destacar a gran presenza de público en todas as actividades levadas a cabo no recinto, en especial, nas diferentes seccións nas que se dividiu o Concurso de Xóvenes Gandeiros, ou no monográfico de Can de Palleiro·.

Consideran un éxito o programa Coñece a Moexmu dende dentro, onde o case medio centenar de alumnos do colexio de Muimenta, acudiron o venres pola maña ao recinto a ver esa parte da feira que moitos descoñecen (como se lava, pela ou peitea o gando), e estiveron, durante a visita, moi participativos, facendo moitas preguntas, sobre todo aos gandeiros, como por exemplo o posterior ganador, Alberto Iglesias, e atendendo ás explicacións que María Castro lles deu de como se manexa unha vaca durante o concurso.

O éxito da Moexmu e grazas a todos eles e a combinación de moitos esforzos e colaboracións.

"Queremos engadir tamén que, segundo declaracións de Bonet Cid, xuíz do certame deste 2024, o Concurso de Gando da Moexmu encóntrase, baixo a súa opinión, no top tres dos concursos a nivel estatal, tendo en conta a calidade e número de animais presentes, xunto ao de Xixón e Menorca", dixeron.

A quinta comisión da Moexmu convida a todo o público á Festa da Filloa – Festa de Interese Turístico de Galicia, o vindeiro mércores primeiro de maio, no Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta, e avisa que haberá algunha que outra sorpresa, que xa irán contado.