A comisión de festas de Corbelle organiza unha cea baile

TerraChaXa
Será o día 1 de xuño no campo da festa
duo-venus
Dúo Venus
25 Maio 2024

A comisión de festas de Corbelle organiza o sábado 1 de xuño, unha cea baile para recadar fondos para as festas.

Esta terá lugar ás 22.00 horas no campo da festa e o menú, a cargo de A Rochela, constará de xamón cocido, polbo, carne asada con patacas, tarta de chocolate e queixo, pan, bebida, café e licor.

Ten un prezo de 30 euros para os adultos e a metade para os nenos de 7 ata 11 anos.

Despois da cea actuará o dúo Venus e haberá sorteo de agasallos. Para os pequenos tamén haberá colchonetas.

As persoas que desexen anotarse poden facelo hoxe, sábado, como último día, nos teléfonos 687 588 174 e 149 088 244.

0.18016600608826