A comisión de festas en Roimil, Friol, organiza unha cea baile
TerraChaXa | LugoXa
A comisión de festas de Roimil, en Friol, organiza o sábado 13 de abril unha cea baile no local social do Campo da Feira.
![cea baile roimil portada](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/2024/04/cea-baile-roimil-portada.jpg)
cea baile roimil portada
6 Abr 2024
A comisión de festas de Roimil, en Friol, organiza o sábado 13 de abril unha cea baile no local social do Campo da Feira.
A actividade terá un prezo de 20 euros, na que se incluirá unha cea e actuación musical para amenizar a noite.
Para asistir é preciso anotarse antes o 8 de abril e pode facerse nos teléfonos de Carlos, Fran, Guita, Noel, Pablito, Manolito, Nando, Silvia e José.