A comisión de festas en Roimil, Friol, organiza unha cea baile

LugoXa | TerraChaXa
Terá lugar o venres 11 no local social do Campo da Feira por un prezo de 25 euros
cea-baile-roimil
5 Sep 2026

A Asociación Festas do Rosario de Roimil, en Friol, organiza o vindeiro venres 11 unha cea baile no local social do Campo da Feira.

A actividade terá un prezo de 25 euros, na que se incluirá unha cea e actuación musical para amenizar a noite.

Para asistir é preciso anotarse antes do domingo 6 e pode facerse nos teléfonos de Matelo (629 335 086), Antonio (609 763 554) e Diego (636 749 217).

0.16002488136292