A Concellaría de Igualdade de Alfoz elabora unhas axendas escolares contra a violencia de xénero

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
6 sep 2019

A concellaría de Igualdade, que dirixe en Alfoz a socialista Arantxa Incera, ten preparadas para este curso escolar que vai comezar unhas axendas estudiantís sobre todo para Primaria, no colexio público, e para a secundaria do IES Alfoz-O Valadouro que conteñen recursos coeducativos contra a violencia de xénero.

Incera destaca ademais o feito de que estas axendas escolares destacan a mulleres importantes ao longo da historia, algunha delas lucense, coma Catuxa Castro, campioa do mundo júnior en hockey liña ou Patricia Ortega, a primeira muller cun mando de xeneral do Exército español.

No IES de Alfoz e do Valadouro hai actualmente uns 75 alumnos e no colexio alfocense, 30, co que se editaron aproximadamente unhas 120 axendas estudiantís, que tamén conteñen enlaces a páxinas web de contidos educativos, así como consellos de lecturas e películas.

0.060142040252686