A conselleira Allegue reúnese co alcalde de Castro de Rei para avanzar en colaboracións

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde en San Caetano unha reunión de traballo co alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado.
Na reunión, á que tamén asistiu o director territorial da Consellería en Lugo, Marco Antonio Fernández Piñeiro, abordaron proxectos de interese para o municipio, especialmente no ámbito do urbanismo e as infraestruturas.
Allegue salientou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.