A Copa Deputación de Fútbol Sala de Lugo chegará ao seu final este domingo en Sarria

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
Enfrontaranse os equipos masculinos do FSF Castro-Meigallos e Concello de Begonte B-Luisitalia na masculina, ademais do FSF Castro B-Ribeira FS, na feminina
balon-futbol-sala
28 Oct 2026

Este domingo terá lugar en Sarria os tres partidos que porán fin á VII Copa Deputación de Fútbol Sala para as categorías sénior, unha competición que se iniciou a finais do mes de agosto e na que participaron 38 equipos de toda a provincia.

Tras as previas, os oitavos, os cuartos e a semifinal, chega este domingo a gran final para as tres categorías.

En Primeira División Masculina os equipos que pelexarán polo título serán o FSF Castro Deportes A Chaira e Os Meigallos FS. O duelo será ás 20.30 horas no pavillón José Mario González.

Na Segunda División será outro chairego, o Concello de Begonte FS B un dos competidores, xunto a outro equipo local, o Luisitalia. O partido está previsto para as 16.00 horas.

A feminina terá a súa final ás 18.15 horas, tamén no mesmo pavillón, e enfrontará ao FSF Castro B Energym B e o Ribeira FS Terraza do Pazo.

0.15458583831787