A covid modérase en toda a provincia agás en Guitiriz

TerraChaXa | LugoXa
A provincia de Lugo continúa mellorando e a covid segue en remisión aínda que preocupa a alta ocupación hospitalaria.
Captura de pantalla 2018 05 04 a las 10.38.36
10 Feb 2021

A provincia de Lugo continúa mellorando e a covid segue en remisión aínda que preocupa a alta ocupación hospitalaria.

Así, este mércores os casos activos sitúanse en 1.641, que son 80 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 46.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 48 casos novos (onte foron 41) o que deixa pola metade o número de casos novos diarios con respecto á semana pasada. Ademais, as altas chegaron ás 9.190, 130 en 24 horas, o día anterior foron 100.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.021 casos rexistrados e 184 persoas falecidas, unha máis que onte, unha muller de 90 anos de Monforte.

Pola contra, a presión hospitalaria redúcese pero segue sendo alta. Nas UCI hai dous casos máis, 28 en total, tres deles na Mariña, o resto no Hula. Hospitalizados en planta hai 66 persoas (6 menos que onte), 37 no hospital de Lugo (5 menos), 8 na Mariña (2 menos) e 21 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Terra Chá

Vilalba experimenta unha baixada importante de casos pero aínda están moi altos. Guitiriz preocupa ata chegar a 53 casos, no resto contrólase.

  • Vilalba continúa á baixa con 158 casos, 12 menos.
  • Nova subida para Guitiriz, 12 casos máis que onte para chegar a 53.
  • Cospeito rebixa 1 e xa son 12 casos de hoxe.
  • Outeiro de Rei sobe 2 ata 14.
  • Begonte baixa 4 e queda en 11.
  • Castro de Rei reduce un caso e son 18.
  • Friol queda xa con menos de dez casos.
  • Pol está sen casos novos nos últimos quince días.
  • No veciño Concello das Pontes rompe o descenso continuado e suma 1 caso, 56 no cómputo total.

A Mariña

A situación na Mariña mantense controlada e só suma casos Burela pero de forma lenta.

  • Importante baixada en Viveiro con 52, 21 menos.
  • Xove segue en 11.
  • Burela suma 2 positivos máis e son 26.
  • Foz rebaixa a 10 (un menos).
  • Ribadeo rebaixa 1 a 16.
  • Riotorto é o único concello sen casos novos nos últimos 15 días.

Centro da provincia

Lugo e Palas de Rei experimentan descensos e o resto mantense.

  • Lugo segue rebaixando a incidencia, esta xornada con 42 casos menos ata 341.
  • Palas de Rei sengue na senda da rebaixa de casos con 6 menos e 37 en total.
  • Monterroso volve a ter 16, un menos.
  • Portomarín segue con 14 afectados.
  • Guntín segue en 12 casos.
  • Castroverde mantén 19 en total.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

A comarca segue na senda do control do virus só con dous concellos en alerta.

  • Sarria rebaixa a 76 contaxios, 12 menos.
  • Láncara ten un caso menos hoxe, 16.

Ribeira Sacra

Monforte e Quiroga certifican dúas baixadas importante nunha comarca á baixa a nivel xeral.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 153 casos, 15 menos que onte.
  • Quiroga segue en descenso con rebaixa con 42, 12 menos que onte.
  • Chantada retrocede ata 25, 9 menos.
  • Taboada tamén rebaixa 3, que pasa a ter 16 casos, 3 máis.
  • O Saviñao rebaixa 6 e queda con 20 contaxios.
  • Pantón rebaixa a 16, con 3 casos menos.
  • Pobra do Brollón tamén reduce a incidencia con 11 casos, 4 menos.
  • Sober segue con 12 casos.
0.07580304145813