A curva de contaxios de covid-19 na provincia segue baixando

TerraChaXa | AMariñaXa
A curva de contaxios de covid-19 na provincia segue baixando debido a un novo descenso dos positivos, xa que só se detectaron 26 nun día.
94750504_2293057937666136_3863256523643813888_n
3 Nov 2020

Os casos activos de coronavirus na área sanitaria de Lugo redúcense este martes por segundo día consecutivo, debido a un novo descenso dos novos positivos, xa que só se detectaron 26 nas últimas 24 horas, 13 menos que o luns e un número que dá algo de aire frescos tras os balances da fin de semana que falaban de máis de cen ao día.

Deste xeito, a provincia de Lugo ten 963 casos activos, 20 menos que no anterior balance tras dar de alta a 48 persoas.

Pola contra, aumentan as hospitalizacións a 41, tres máis que o día anterior. Cinco das persoas ingresadas están na unidade de coidados intensivos do Hula. En planta hai en Lugo 17, cinco menos; no da Mariña xa son 12, oito máis, e o de Monforte segue en 7. Nótase nos datos o impacto do brote detectado na residencia de San Cibrao.

Ata o de agora superaron o virus 3.436 persoas na área sanitaria de Lugo, na que se detectaron 4.497 contaxios e morreron 99 persoas. O último falecemento coñeceuse este luns: o dun home de 79 anos que morreu na súa casa.

A evolución da pandemia sumou este outro municipio á lista dos que están en nivel vermello de alerta pola incidencia de casos acumulada no últimos sete días. A Viveiro, Cervo, Monforte e a propia capital súmase agora Burela. En laranxa continúan Cospeito e Bóveda e en amarelo está ahora A Fonsagrada, xunto a Foz, Sarria, Guntín, Monterroso, Palas e Chantada, ademais da coruñesa As Pontes.

GALICIA

Os positivos por covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas tamén descenden no conxunto da comunidade, a 425. Son 172 menos que o luns e están moi lonxe dos máis de 700 da fin de semana. Hai 545 hospitalizados, 79 na UCI, e os casos activos soben lixeiramente, a 9.376.

Estes datos que falan en positivo contrarrestan coa xornada de onte, onde se produciron 21 defuncións, o peor dato de Galicia na segunda onda, onde xa hai 944 falecidos en total.

Detectáronse 88 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas na área sanitaria de Vigo; 84 na da Coruña e Cee; 76 na de Pontevedra e O Salnés; 62 na de Ferrol; 51 na de Santiago e O Barbanza e 38 na de Ourense.

En termos xerais, as áreas que máis están a mellorar son as de Ourense, Santiago e Lugo.

0.085999965667725