A delegación territorial da Xunta en Lugo convoca ao alcalde e ás asociacións de Muimenta para avaliar posibles melloras no Plan de transporte público

TerraChaXa
A Delegación territorial da Xunta convocará a unha xuntanza ao alcalde e Cospeito, Armando Castosa e ás cinco asociacións de Muimenta que reclaman que o novo plan de transporte público por estrada manteña unha conexión directa entre esta localidade e a cidade de Lugo.
23 Ago 2017

O encontro desenvolverase previsiblemente o próximo martes, 29 de agosto, na propia Delegación territorial sobre a unha do mediodía, aínda que está pendente de confirmarse a dispoñibilidade dos convocados.

A intención da Delegación territorial é, logo do interese amosado por concello e asociacións, presentarlles unha proposta de mellora que poida satisfacer esta reivindicación baixo o convencemento  de que o novo plan nace para mellorar a situación actual e garantir precisamente as mellores conexións posibles para os veciños do rural.

Aínda é prematuro concretar en que consistirá a proposta de mellora pero a Consellería de Infraestruturas e Vivenda estudará os itinerarios e puntos de parada ao obxecto de estudar a súa adecuación as necesidades dos usuarios.

0.21516299247742