A Deputación abre o prazo de solicitude das subvencións para a promoción da artesanía
O Goberno Provincial abriu o prazo de solicitude das subvencións de concorrencia competitiva para as asociacións da provincia para a realización de actividades de promoción da artesanía, dotadas con 44.000 euros. A aportación mínima da subvención será de 300 euros e a máxima de 1.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes, remata o vindeiro día 8 de maio, inclusive.
Así o comunicou a Deputada de Cultura, Pilar García Porto , que subliñou que para concorrer a estas axudas, destinadas a financiar actividades de promoción da artesanía se habilitou na páxina www.deputacionlugo.gal un espazo no que se atopa toda a información sobre estas axudas; así como a documentación que se debe presentar para optar a elas. Nesta convocatoria, cada asociación só poderá formular unha única solicitude. O prazo máximo de execución da actividade ou comportamento subvencionado será dende o 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de decembro do 2019.
No 2018 foron 39 as asociacións que se beneficiaron destas axudas para a elaboración de cursos ou eventos co fin de promover a artesanía na provincia.