A Deputación apoia a Tasca do Liño de Insua cun investimento para a celebración deste sábado

TerraChaXa
García Porto felicitou á entidade organizadora, poñendo en valor que a cita “é un referente na provincia, promovendo a recuperación das tradicións e a historia do rural”
presentacion-tasca-do-lino
25 Out 2024

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou no Pazo de San Marcos unha nova edición da Tasca do Liño de San Bartolomeu de Insua, a XVI, que se celebrará este sábado na parroquia chairega co apoio da Deputación. No acto, tamén participaron a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e a presidenta da Asociación Mulleres Rurais San Bartolomeu de Insua, Lourdes Otero Mato.

García Porto felicitou á entidade organizadora da Tasca do Liño, poñendo en valor que a cita “é un referente na provincia de Lugo, promovendo a recuperación das tradicións e a historia do rural”. “A Tasca evidencia a riqueza do rural, onde se extrae fío do liño para vestiarios e usos domésticos, representando unha práctica que combina traballo e socialización”, sinalou a deputada.

Incidiu neste sentido en que a Deputación colabora con esta iniciativa cunha achega de 2.000 euros, porque “contribúe a coidar o legado cultural e á promoción do rural, considerando as tradicións como ferramentas para avanzar cara a un futuro mellor”. A preservación das tradicións é fundamental para o desenvolvemento do rural, e iniciativas como esta empoderan á comunidade.

O programa

A XVI edición da Tasca do Liño comezará o vindeiro sábado pola mañá ás 11:00 horas coa lectura do pregón a cargo da docente e historiadora Marisa Barreiro. Posteriormente, haberá unha demostración da tasca do liño, e unha exhibición da arte dos oficios tradicionais e de diversos proxectos rurais.

Pola tarde, ás 16:30 horas, actuará o grupo tradicional Mestura de Nete, e unha hora máis tarde haberá outra demostración da tasca do liño. Sobre ás 18:00 horas terá lugar a degustación do Cacho que estará amenizada polo grupo musical dos Festicultores. Finalmente, ás 20:00 horas, terá lugar o Conxuro da Queimada, a cargo do Meigo do Lume.

values22 18: Array
(
    [user_id] => 0
    [session_id] => 
    [ip] => 3.239.97.34
    [status] => 200
    [site_id] => 3
    [lang] => en
    [lang_code] => en_US
    [browser] => desconocido
    [device] => desktop
    [bot] => 
    [operating_system] => desconocido
    [url_anterior] => 
    [url] => https://terrachaxa.com/news/a-deputacion-apoia-a-tasca-do-lino-de-insua-cun-investimento-para-a-celebracion-deste-sabado/83575/
    [cp_id_anterior] => 
    [cp_id] => 83575
    [date_gmt] => 2024-11-05 15:21:22
    [load_time] => 0.17000198364258
    [views] => 1
)
0.18030500411987