A Deputación aproba o arranxo de 11 quilómetros nunha estrada de Friol

LugoXa | TerraChaXa
Trátase dun proxecto co que a estrada, que conecta este municipio co lugar de Lousado polo de Cimadevila, quedará completamente renovada
Pablo-Rivera-Capón
28 Mar 2026

Na reunión deste venres a Xunta de Goberno da Deputación provincial deu luz verde á licitación por 305.101,79 euros do arranxo dun tramo de case 11 quilómetros de LU-P-2106, en Friol. Trátase dun proxecto co que a estrada, que conecta este municipio co lugar de Lousado polo de Cimadevila, quedará completamente renovada.

As obras consistirán na reapertura de cunetas, na reparación de danos, na repavimentación e na reposición da sinalización vertical. O proxecto en un prazo de execución de catro meses.

Pablo Rivera fixo especial fincapé en que “o noso compromiso coa mellora da rede viaria provincial non entende de partidos nin de cores políticas, senón que responde a unha prioridade clara: garantir a seguridade dos veciños e veciñas e asegurar as conexións nos 67 municipios da provincia. Para nós, investir en mobilidade é tamén investir en cohesión territorial”.

0.11849117279053