A Deputación aproba obras por valor de 3 millóns de euros en 57 quilómetros de vías

TerraChaXa
O Executivo aprobou na Xunta de Goberno destinar destinar 3 millóns de euros  na mellora de 57 quilómetros de 28 estradas provinciais, que discorren por 11 concellos da provincia.
FOTO XG
10 sep 2018

O Executivo aprobou na Xunta de Goberno destinar destinar 3 millóns de euros  na mellora de 57 quilómetros de 28 estradas provinciais, que discorren por 11 concellos da provincia. Así o avanzou o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, quen subliñou que se trata “dun novo investimento, que se enmarca dentro da aposta deste Goberno provincial pola necesaria mellora das infraestruturas no rural lugués para potenciar a calidade de vida dos nosos veciños dende unha Deputación rural e sempre coas persoas”.

Santos Ramos apuntou que “destes 3 millóns de euros, achegamos 2,6 millóns ao inicio da contratación de melloras en 46 quilómetros de 23 estradas polo concellos de Abadín, Folgoso do Courel, Baleira, Muras, Sober, Portomarín, Xermade e Samos.  Trátase da licitación destas obras cuxa investimento final dependerá das ofertas que se presenten e das adxudicacións resultantes”.

O voceiro do Goberno engadiu que “outros 400.000 euros son os que achegamos ás melloras xa contratadas en case 11 quilómetros doutras 5 estradas provinciais que discorren polos municipios de Paradela, Castro de Rei e Cospeito”.

As actuacións contratadas son as seguintes:

- En Castro de Rei: rehabilitación do firme nun treito de 1,7 quilómetros da estrada LU-P-1109: de Dumpin por Cornide a Arcos, entre os puntos 0 e o 1,7; e a mellora de 3,9 quilómetros da LU-P-1107 que vai de Castro a Rábade,  con 180.742 euros.

- En Cospeito: mellora de 1,9 quilómetros da estrada LU-P-6501, de Vilalba a Feira do Monte, en distintos treitos da vía comprendidos entre o punto 4,3 e o 5,5, entre o 7,5 e o 8, e entre o 8,1 e o 8,3,  con 97.713 euros.

As actuacións licitadas son as seguintes:

1.- En Abadín: 202.500 euros para a rehabilitación de 3 quilómetros de 2 estradas:

- LU-P-0107, de Abadín a Fanoi, entre os puntos 0 e 2,2.
- LU-P-0110, de Foxas á Ponte de Aldixe, entre os puntos 0 e 0,8.

2.- En Muras: 758.300 euros para a rehabilitación de 12,8 quilómetros de 4 estradas:

- LU-P-3401, de Aguias a Muras e Ramais á Igrexa do Burgo, do punto 0 ao 1.
- LU-P-3404, de Casateita a Escola de Paio, do punto 0 ao 1,9.
- LU-P-3406, de Picheira, por Irixoa, a Balsa, do punto 0 ao 2,6.
- LU-P-6502, de Vilalba, por a Balsa, a Chavin, do punto 24,3 ao 26,7 e do 27,1 ao 32.

3.- En Xermade: 342.500 euros para a rehabilitación de 7,4 quilómetros de 3 estradas:

- LU-P-2201, de Candamil a Xermade, do punto 0 ao 2,2.
- LU-P-2202, de Pedreira a Casanova, do punto 0 ao 1,9.
- LU-P-2206, de Roupar por Lousada a Vilapedre, do punto 1,9 ao 5,2.

Máis obras en Antas de Ulla, Chantada e Muras

A Xunta de Goberno tamén aprobou o plan de seguridade e saúde no traballo, un documento imprescindible para poder iniciar os traballos en estradas provinciais no Concello de Antas de Ulla. Trátase do arranxo de 1,5 quilómetros da LU-P-0302, de Antas de Ulla por Santa Mariña ao límite con Pontevedra; e 1,8 quilómetros da LU-P-0306, de Santa Mariña a Fradegas.

Finalmente, acordouse destinar outros 21.000 euros de remanentes do Plan Único para máis obras nos Concellos de Muras e Chantada, onde houbo baixa nas contratacións de obras a cargo desta programación.

Santos Ramos explicou que “en Muras destinamos 6.000 euros para melloras de eficiencia enerxética co cambio de farois por leds nos núcleos de O Pereiro, Rebordelos, O Curro, Santar de Abaixo, A Cabana e O Coto. E en Chantada investimos 15.000 euros para mellorar o pavimento interior do Polideportivo Municipal e para realizar unha rampa de acceso para minusválidos”.

0.19413995742798