A Deputación atende a 1.640 maiores da provincia a través do servizo de Teleasistencia

TerraChaXa
A deputada de Promoción Económica e Social en funcións, Sonsoles López Izquierdo, avanzou que o servizo de Teleasistencia gratuíto da Deputación, atende a día de hoxe a 1.
11 Xuño 2019

A deputada de Promoción Económica e Social en funcións, Sonsoles López Izquierdo, avanzou que o servizo de Teleasistencia gratuíto da Deputación, atende a día de hoxe a 1.640 maiores da provincia. Durante os primeiros 5 meses do ano, formalizáronse 159 novas altas e realizáronse, dende o Centro de Atención, un total de 15.083 chamadas de seguimento. A diferencia da Xunta de Galicia, o Executivo Provincial ofrece esta prestación, financiada con máis de 320.000 euros, a persoas catalogadas como dependentes e tamén a usuarios non dependentes.

Esta prestación, garante atención as 24 horas do día e os 365 días do ano a todos os maiores da provincia que teñan dificultades na súa autonomía, favorecendo a permanencia e a integración no entorno familiar e social das persoas usuarias deste servizo. Deste xeito, os beneficiarios e os seus familiares gozan dunha maior tranquilidade sabendo que, a pesar de vivir sos, na maioría dos casos, contan cun sistema de chamada en situacións de emerxencia. Os usuarios reciben un completo seguimento a través de visitas de coordinación ou comunicacións e chamadas diarias, semanais ou quincenais, dependendo da situación do usuario.

O perfil maioritario das persoas que reciben este servizo gratuíto é o de mulleres maiores de 80 anos. Dende o mes de xaneiro, realizáronse un total de 6.546 chamadas, das cales 142 foron por emerxencia; mentres que o Centro de Atención emitiu un total de 15.083 chamadas aos usuarios, co fin de realizar un seguimento personalizado.

Usuarios por comarcas

Na Comarca da Mariña son un total de 497 usuarios: 11 na Pontenova; 130 en Ribadeo; 19 en Trabada; 30 en Barreiros; 35 en Foz; 17 en Lourenzá; 40 en Mondoñedo; 35 en Alfoz; 24 en Burela; 5 no Valadouro; 10 no Vicedo; 93 en Viveiro; 4 en Xove; 30 de Cervo; 6 en Ourol e 8 usuarios en Riotorto.

Na Comarca da Terra Chá son un total de 287 usuarios: 12 en Pol; 8 en Meira; 13 en Abadín; 5 en Muras; 29 en Castro de Rei; 17 en Cospeito;30 en Guitiriz; 43 na Pastoriza; 74 en Vilalba; 36 en Xermade e 20 usuarios en Begonte.

Na Comarca de Lugo son un total de 219 usuarios: 11 en Castroverde; 140 en Lugo; 22 no Corgo; 10 en Friol; 3 en Guntín; 10 en Outeiro de Rei; 4 en Portomarín e 19 usuarios en Rábade.

Na Comarca da Ulloa e Chantada son un total de 132 usuarios: 11 en Antas de Ulla; 9 en Monterroso; 22 en Palas de Rei; 15 en Carballedo; 53 en Chantada e 22 usuarios en Taboada.

Na Comarca da Montaña son un total de 88 usuarios: 25 na Fonsagrada; 12 en Baleira; 1 en Negueira de Muñiz; 16 en Baralla; 12 en Becerreá; 8 en Cervantes; 2 en Navia de Suarna; 2 nas Nogais; 2 en Pedrafita do Cebreiro; 4 en Folgoso do Courel e 4 usuarios no Concello de Ribeira de Piquín.

Na Comarca de Lemos son un total de 312 usuarios: 17 en Bóveda; 116 en Monforte de Lemos; 29 en Pantón; 15 na Pobra do Brollón; 25 no Saviñao; 34 en Sober; 46 en Quiroga e 30 usuarios no Concello de Ribas de Sil.

Na Comarca de Sarria son un total de 105 usuarios: 13 no Incio; 6 en Láncara; 13 en Paradela; 4 en Samos; 67 en Sarria e 2 usuarios no Concello de Ribas de Sil.

0.19068503379822