A Deputación colabora nas actividades da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia cunha achega
TerraChaXa
O presidente da Deputación, José Tomé, mantivo un encontro co presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, Antonio Crespo, no que asinaron o convenio regulador dunha subvención nominativa de 5.
8 sep 2019
O presidente da Deputación, José Tomé, mantivo un encontro co presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, Antonio Crespo, no que asinaron o convenio regulador dunha subvención nominativa de 5.000 euros para axudar ó financiamento dunhas xornadas que organiza a entidade.
A institución provincial aposta por este tipo de actividades que teñen como obxectivo dar a coñecer aspectos veterinarios de interese relacionados coa saúde pública, a sanidade a produción animal na provincia.