A Deputación comeza as obras nun treito do cinto comarcal por Castro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
Os traballos estanse a realizar na LU-P-1611, entre os quilómetros 93,6 e 94,3
obras-de-mellora-estradas-castro-de-rei
Un momento das obras
1 Ago 2024

A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos para renovar o firme da estrada provincial LU-P-1611, á altura do concello de Castro de Rei. Estes traballos de acondicionamento e mellora, para os que a institución provincial destina preto de 73.000 euros, afectan ao tramo que vai desde o punto quilométrico 93,665 ao 94,395.

Este proxecto foi adxudicado á empresa Cholo SL e as obras consisten na mellora da drenaxe, o fresado da vía, o estendido da capa de aglomerado en quente e a posterior instalación da sinalización horizontal. O prazo de execución destes traballos é dun mes e medio e a empresa adxudicataria incluíu un aumento do prazo de garantía de tres anos.

Esta actuación, que afecta ao cinto comarcal e é de especial relevancia para as comunicacións da provincia, súmase a outros traballos que está realizando a institución provincial noutro tramo desta estrada ao seu paso por Friol, Outeiro de Rei e Begonte. Para acometer estas obras a Deputación destinou máis de 700.000 euros, concretamente para acondicionar un treito de 7 quilómetros, o que vai dende o punto quilométrico 49,9 ao 57,1. Esta previsto que hoxe teña lugar a pavimentación con aglomerado en quente nesta zona.

0.12736916542053