A Deputación destina outra partida para a xestión do gando da Granxa Gayoso Castro

LugoXa | TerraChaXa
A Xunta de Goberno sacou adiante a adxudicación da subministración de material da cama
naves-centro-recria-granxa-gayoso-castro-vacas
28 Nov 2026

A Xunta de Goberno da Deputación sacou adiante a adxudicación da subministración de material da cama destinado ao gando da Granxa Gayoso Castro que a Deputación ten en Catro de Rei.

O contrato adxudícase á empresa Galical Cales y Carbonatos Agrícolas, S.L., por un importe de 73.172 euros A duración do contrato será de dous anos, conposibilidade de prórroga, sen que o período total de vixencia poida superar os catro anos.

A institución provincial, consciente da importancia de apoiar un sector estratéxico na provincia como é a gandeiría, impulsou nos últimos anos as instalacións situadas en Castro Ribeiras de Lea, incorporando novos servizos, como o Centro de Recría e a Granxa Experimental de Leite e promovendo a diversificación de actividades.

A Granxa Gayoso Castro ten, ademais, un importante compoñente formativo, a través de convenios coa Universidade de Santiago e co IES José Trapero Pardo, para a realización de prácticas formativas en ganadeiría, agricultura e xestión rural.

0.11275005340576