A Deputación inicia o arranxo da estrada entre Foxas e Canteirada, en Abadín

TerraChaXa
Este martes comezou esta nova fase do proxecto que mellora a vía provincial LU-P-0108, que conta cun orzamento que supera os 300.000 euros
obras-estrada-abadin
7 Jul 2026

A Deputación de Lugo desenvolve este martes os traballos de aglomerado na estrada provincial LU-P-0108, a vía que conecta os núcleos de Foxas e Canteirada. A institución provincial inviste máis de 300.000€ neste proxecto que está mellorando o treito que vai dende o punto quilométrico 0,675 ao 6,245.

Esta fase chega logo de que rematasen os labores de limpeza e reapertura de cunetas, a mellora da drenaxe. Unha vez remate o aglomerado, procederase á reposición de sinalización horizontal e vertical.

A estada LU-P-0108 É unha vía fundamental para a mobilidade interna do municipio, porque enlaza ademais ambos puntos coa estrada nacional N-634. Unha infraestrutura esencial dos desprazamentos diarios da veciñanza, porque dá acceso ás explotacións agrogandeiras da zona e conecta coa rede viaria principal.

Esta actuación forma parte do compromiso da Deputación coa mobilidade da provincia. O Goberno provincial entende que as comunicacións son unha ferramenta clave para apoiar a actividade económica, especialmente no sector agrogandeiro, forestal e turístico.

A rede de estradas da Deputación é unha das máis extensas de España, con máis de 4.200 quilómetros, polo que o seu mantemento resulta estratéxico para vertebrar o conxunto da provincia.

0.11749601364136