A Deputación inicia o Plan de Desbroce das estradas provinciais
O Goberno da Deputación xa ten en marcha o Plan de Desbroce de estradas da rede viaria provincial que, con 4.200 quilómetros, é a máis extensa de España. Trátase dunha programación que se desenvolverá durante os anos 2019 e 2020 e que conta cun orzamento de case 2,5 millóns de euros. Este mesmo venres, a Xunta de Goberno da Deputación adxudicou os traballos de desbroce en 17 dos 67 municipios: Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz, Castro de Rei, Pol, Meira, Lugo, Guntín, Friol, O Páramo, Paradela, Sarria, Taboada e O Saviñao. Os traballos comezarán nos vindeiros días.
Cómpre lembrar que coa execución destes traballos, que se adxudican a autónomos e pequenas empresas, case todas da provincia de Lugo, o Goberno Provincial cumpre cun obxectivo de poñer a punto para o verán as nosas estradas, que forman a rede provincial máis extensa de España, con 4.300 quilómetros. Son traballos moi necesarios porque grazas a estes traballos mellórase a seguridade dos condutores que circulan polas estradas, ao facilitar a visibilidade na rede viaria e reducir o risco de avance das lapas no caso de producirse un incendio forestal, ao tempo que se xeran e manteñen postos traballo do que se benefician moitos autónomos e pequenos empresarios da provincia.
Nas vindeiras semanas, iranse adxudicando o resto de municipios co fin de poder iniciar os traballos de xeito inminente, pois son actuacións moi necesarias tanto para a seguridade dos condutores como para previr incendios.