A Deputación inviste no parque de bombeiros de Vilalba para mellorar en rescates en aeroxeneradores

TerraChaXa
Incorporou esta semana novo material especializado para intervencións en altura, como sistemas anticaídas, arneses, cordas e outros elementos
bombeiros-vilalba-simulacre-aeroxeneradores-rescates-altura
24 Sep 2026

A Deputación de Lugo reforza os medios e a preparación dos efectivos do parque de bombeiros de Vilalba ante intervencións en instalacións eólicas e outros escenarios que requiran traballos ou rescates en altura. O parque incorporou esta semana novo material especializado para intervencións en altura grazas á cesión realizada por Naturgy Enerxías Renovables.

A entrega do material está vinculada á realización dun simulacro no que unha persoa quedábase atrapada nun aeroxerador de Cova da Serpe. Os efectivos do Consorcio Provincial puideron poñer en práctica os procedementos necesarios para acceder á instalación, asegurar e rescatar ao afectado e utilizar os equipos específicos de protección e rescate en altura.

Entre o material cedido figuran sistemas anticaídas, arneses, cordas e outros elementos destinados a garantir a seguridade dos efectivos durante as intervencións en altura.

Este tipo de exercicios permite aos profesionais adestrar en escenarios complexos e pouco habituais, mellorar a coordinación e familiarizarse co equipamento necesario para actuar ante unha emerxencia nun aeroxerador, instalacións que pola súa altura e características requiren técnicas específicas de intervención.

Esta actuación súmase ao reforzo integral dos medios, a formación e o cadro de persoal dos seis parques do consorcio provincial -Barreiros, Vilalba, Sarria, Monforte de Lemos, Viveiro e Chantada- e que está impulsando a Deputación, coa incorporación de 72 novas emisoras dixitais, formación especializada para todo o cadro de persoal e un proceso selectivo en marcha para cubrir 37 prazas de bombeiro-condutor.

0.1224889755249