A Deputación licita o contrato para a prestación de servizos na Granxa Gayoso Castro

TerraChaXa | LugoXa
A Xunta de Goberno aprobou a licitación dun contrato por un importe de 135.
2 Mar 2024

A Xunta de Goberno aprobou a licitación dun contrato por un importe de 135.000 euros para a prestación de diferentes servizos veterinarios na Granxa Gayoso Castro.

Trátase da contratación dun servizo de urxencias 24 horas; de podoloxía; de programas de prevención e tratamento de coxeiras e problemas de podas; e dun servizo especializado en reprodución e mellora xenética para o desenvolvemento do control reprodutivo na Granxa.

A duración do contrato é de un ano, coa posibilidade de realizar dúas prórrogas anuais máis, sen que se exceda os tres anos no seu conxunto.

0.18436098098755