A Deputación organiza para o vindeiro luns unha poxa pública de 33 animais da Granxa Gayoso Castro

TerraChaXa | LugoXa
A Deputación provincial organiza para o vindeiro luns unha poxa pública de 33 animais da Granxa Gayoso Castro
poxa publica granxa gayoso castro
poxa publica granxa gayoso castro
27 sep 2022

As persoas interesadas en participar poderanse anotar ese mesmo día, sempre que sexa antes do inicio da poxa, polo que é aconsellable chegar con antelación.

A Deputación de Lugo organiza para o vindeiro luns, 3 de outubro, unha poxa pública de animais da Granxa Gayoso Castro. A poxa arrancará ás 10:00 horas no aulario da granxa provincial, situada en Castro de Ribeiras de Lea.

Sacaranse á venda 33 animais: 28 vacas de raza pinta e 5 touros de raza cachena reprodutores. As persoas interesadas en participar poderanse anotar ese mesmo día, sempre que sexa antes do inicio da poxa, polo que é aconsellable chegar con antelación.

A institución provincial organiza este tipo de poxas co obxectivo de mellorar as explotacións gandeiras da provincia, contribuíndo á súa rendibilidade e a asegurar tamén a supervivencia das razas autóctonas.

A Deputación de Lugo converteu a Granxa Gayoso Castro nun centro de referencia a través da recría, a formación, a innovación e a investigación vinculadas á gandería. Trátase dun dos piares máis importantes do apoio da institución provincial ao sector primario da provincia, tanto á actividade agrogandeira e forestal como do mar, un compromiso que tamén se materializa noutras accións innovadoras e pegadas á realidade que a Deputación impulsa en colaboración co tecido produtivo e coa Universidade para xerar actividade económica e emprego sostible no rural.

0.19412016868591